Buscando material, atopei estes vídeos curtiños,
ensinando técnicas de estudio que me pareceron bastante recomendables para
alumnado de cursos altos de primaria e comezo da educación secundaria.
Son orientados ás familias, pero serven tamén para os rapaces.
Son orientados ás familias, pero serven tamén para os rapaces.
TÉCNICA 1 Neste segundo vídeo fálase da ORGANIZACIÓN. Aínda que fala tamén para as familias, o importante e que os rapaces sexan capaces de organizarse para non provocar estrés ante exames e tarefas a entregar. Os aspectos a ter en conta son:
Adecuación do lugar de estudio, distractores, horario mensual, semanal e axenda diaria.
Técnica do Pomodoro: facer unha cousa soa á vez. traballo, descanso, traballo, descanso.
TÉCNICAS 2 Neste tercer vídeo danse pautas para o estudio de materias de letras.
Lembrade que facer tarefas non é o mesmo que estudiar.
Que estudio é igual a traballo activo.
Ler, suliñar, resumir/esquematizar/analizar, memorizar e autoavaliar, son os pasos a seguir.
Neste apartado gustaríame recomendarvos outro tipo de esquemas máis motivadores que se chaman MAPAS MENTAIS. Fomentan a creatividade, melloran o estudio activo e por tanto a memoria, son moi visuais dado que utilizan moitas cores de forma organizada e son rápidos e fáciles de facer.
Deixo este enlace onde se explica o que son , como se fan e poñen exemplos.
TÉCNICA 3. Neste cuarto vídeo danse pautas para estudiar materias de ciencias.
ENTENDER NON É O MESMO QUE SABER FACER.
Lembrade: atender na clase e preguntar dúbidas; entender, anotando cando corrixes os pasos a seguir (non soamente o resultado correcto) e sobre todo PRACTICAR, PRACTICAR, PRACTICAR.
Cando resolvades problemas lembrade a información anterior das intelixencias múltiples: Non serve con ler, tamén debes suliñar, buscar, debuxar, organizar datos e responder á todas as preguntar. Por iso é moi importante REVISAR se contestastes a todos os apartados.
TÉCNICAS 4. Neste último vídeo danse pautas para memorizar.
Gustaríame que coñecérades a Teoría das Intelixencias
Múltiples de Howard Gadner, onde non soamente fala dunha soa intelixencia,
senon máis ben de 8 intelixencias distintas. Cada ser humano destaca nunhas
máis ca noutras, non sendo ningunha das oito máis importantes que as demais.
Requírese dominar gran parte delas para enfrentarnos á vida. Por eso podemos
memoriazar escribindo, vendo, tocando, manipulando, cantando, bailando. Todas
son válidas.
Pincha na imaxe para saber máis destas oito
intelixencias.
Tamén deixo un enlace a outras Técnicas mnemotécnicas de memorización.
Tamén deixo un enlace a outras Técnicas mnemotécnicas de memorización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario